Monday 13 de May de 2024

Hoxe abre o prazo de preinscrición para participar no Curso Teórico-Práctico de Monitores de Tempo Libre de Riveira


Hoxe luns ábrese o prazo de inscripción para poder participar no Curso de Monitores de Tempo Libre que organiza o Concello de Riveira a través da súa área de Xuventude.

Ofértanse 25 prazas que serán cubertas por orde de inscrición, tendo preferencias os empradroados no municipio.

O curso constará de 200 horas lectivas e outras 150 prácticas en actividades do Concello. Desenvolverase na Casa da Xuventude nunha data aínda por determinar.

A cuota para asistir ao curso é de 150 € para os empadroados en Riveira e de 250 € para o resto de asistentes (no prezo inclúese o material, participación, apuntes e secretaría do curso; non se inclúen taxas de expedición de título: 11 euros, unha vez feitas as prácticas).

Os interesados (teñen que ser maiores de idade) poden inscribirse na Casa da Xuventude (teléfono 981 835 289 / mail xuventude@riveira.com).

Programa:

A.- Area de Psicosocioloxía.
1. Pisicosocioloxía
2. Socioloxía.
3. Metodoloxía educativa
4. Dinámica de grupos
B.- Lexislación.
1. Lexislación
2. Asociacionismo. Recursos
3. Información Xuvenil
C.- Area de Animación e Xogos.
1. Xogo.Tipo
2. Xogos de interior e aire libre
3. Danzas de animación.
4. Grandes Xogos. Montaxes.
5. Veladas.Lumes de acampada.
6. Animación deportiva.
7. Introducción a programación campamental.
D.- Area de Saúde
1. Introdución aos primeiros auxilios
2. Sexualidade.
E.- Técnicas de Acampada
1. Actividades de aire libre. Acampada. Marcha. Orientación.
2. Actividades de aire libre na práctica.
F.- Area de educación Ambiental e Natureza.
1. Introdución á educación ambiental
2. Xogos de educación ambiental
3. Itinerarios de interpretación ambiental na práctica.